Localizan o cadáver dun home no interior dun pozo en Calde

Segundo informa o 112 Galicia, os efectivos de emerxencia localizaron esta tarde o corpo dun home que faleceu tras caer nun pozo. A vítima, de 59 anos, levaba desaparecida dende a tarde de onte.

Un fillo do falecido chamou ao 112 Galicia ás 15:00 horas de hoxe. Segundo indicou, o seu pai desprazárase onte á tarde a unha leira da súa propiedade, na zona de Calde. Engadiu que atoparan un paquete de tabaco dentro do pozo, polo que crían que o home puidera ter caído dentro.

Con estes datos, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou aos Bombeiros de Lugo, a Urxencias Médicas e á Policía Nacional.

Unha dotación dos bombeiros atopou o cadáver despois de baleirar o pozo. A esta hora os efectivos de emerxencia están procedendo ao seu rescate.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com