Deputación, Concello de Guitiriz e a Confederación Hidrográfica asinan un convenio para mellorar o saneamento do Río Vega

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa do Concello de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, e o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín Muñoz, asinaron esta mañán, na Subdelegación do Goberno en Lugo, en presenza do subdelegado, Ramón Carballo, e o Delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, o convenio de colaboración para a mellora do saneamento no Río Veiga, en Guitiriz.

O ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica Miño Sil, formalizou esta mañá o convenio de colaboración entre as distintas institucións para a financiación e execución das obras do colector do río Veiga en Guitiriz.

O obxecto do proxecto é a mellora do saneamento dos núcleos de Belote, Guitiriz e A Torre para dar servizo a case 3000 habitantes, así o destacou Francisco Marín, quen asegurou que non só se trata dunha mellora a nivel do colector senón que esta mellora é tamén medio ambiental.

 

O colector, que actualmente discorre dende as piscinas ata a depuradora de Guitiriz, xera tres problemas principais, o primeiro é o verquido de augas residuais ao río e nos distintos puntos polos que discorre, o segundo é a captación de augas tanto fluviais como pluviais o que conleva o terceiro gran problema, a sobre carga de funcionamento da estación depuradora por exceso de auga. A solución, consistirá en xerar novas conduccións a este colector.

Pola súa parte, Santiago Villanueva, afirmou que se trata dunha gran actuación por parte das tres institucións participantes para solucionar un gran problema, e que é, ademáis, unha actuación que se inicia en Guitiriz pero afectará a toda Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com