O voceiro do Grupo Municipal do PP, Jaime Castiñeira, considera “indignante” que os socialistas permitan que “a multinacional tome represalias contra os traballadores da Depuradora aos poucos días de que o Grupo Municipal desvelase que, nas súas instalacións, se realizaban análises de auga, a custe cero, doutros Concellos galegos”.
Castiñeira pide ao goberno local rigurosidade e defensa dos dereitos dos traballadores, afirmando que é “intolerable que os socialistas permitan que a empresa impoña a política do medo para silenciar á oposición e coaccionar aos traballadores en alusión ao operario despedido que levaba máis de 25 anos na Depuradora e non tivo nada que ver con este polémico caso”.
En nome dos populares, o voceiro solicita unha convocatoria urxente da xunta de voceiros para tomar medidas que acaben coa situación irregular desta empresa que “leva sen contrato máis de 6 anos e cobrando preto de 18 millóns de euros“. Castiñeira explicou que “non podemos permitir que as empresas que traballan para o concello se convirtan en axencias de colocación pero tampouco podemos admitir que se recurten os dereitos aos traballadores”.
O portavoz do PP fixo estas declaracións tras coñecerse que a multinacional vén de despedir a un traballador, e abrirlle expediente a outros tres operarios. Esta nova prodúcese días despois de que o Grupo Popular desvelase que se estaban a utilizar as dependencias municipais do laboratorio da EDAR para realizar análisis de auga doutros Concellos galegos a custe cero e que, arestora, a propia empresa confirma.
Por outra banda, os populares aportaron documentación gráfica que acreditaba que se estaban analizando, nestas dependencias municipais de Lugo, mostras de auga que procedentes de 4 Depuradoras de Carballo (A Cepeira, Baldaio, Novi e Razo).