Eva Solla, visita as instalacións do HULA para comprobar os desperfectos causados polas inundacións

Eva Solla, vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada en Lugo de En Marea, acudiu esta mañá ao HULA, acompañada por Paula Vázquez, tamén deputada no Parlamento de En Marea,o voceiro de ACE-EU, Carlos Portomeñe e o voceiro de Lugonovo, Santiago Fernández. O motivo da visita foi comprobar en que situación estaban as zonas afectadas polas inundacións causadas polas fortes treboadas da semana pasada.  Ademais da visita, tamén se realizou un encontro co comité de empresa no que se puxeron de manifesto algunhas das deficiencias deste complexo hospitalario que permanecen sen solucionar desde a súa apertura.

A vicepresidenta do Parlamento Galego, Eva Solla, sinalou trala visita que son preocupantes algunhas deficiencias dun hospital que “só ten seis anos, unhas deficiencias que permanecen sen solucionar desde a súa apertura”. Solla explicou que algunhas desas deficiencias “provocaron as inundacións de semanas atrás e o que reclama En Marea é que se poñan solucións a estes problemas para que non volvan ocorrer e acaben por afectar a a puntos sensibles da asistencia hospitalaria”.

Eva Solla, confirma que os solos e os teitos están danados e que existe unha contradicción entre a directiva do hospital e os propios traballadores que aínda continúan a día de hoxe limpando os desperfectos. Ante esta grave situación a vicepresidenta pide unha solución á Xunta, xa que remarca que non é normal que un edificio tan novo non teña as medidas necesarias fronte as treboadas. Neste caso os maiores desperfectos foron en radioterapia, pero, afortunadamente non se estropearon materias importantes.

Por último destaca outro tipo de problemas como os malos cheiros e limpar a diario as arquetas de augas fecais do edificio para evitar que se obstrúan, e reivindica de novo que quere unha resposta da Xunta ante esta situación, xa que non é lóxico que cada vez que cheguen as fortes chuvias o hospital se inunde e se estropeen as instalacións. En Marea ten presentadas iniciativas parlamentarias para que Sanidade corrixa os problemas de construción do edificio para evitar novos problemas de inundacións que obriguen a deter o servizo.

Noutra orde, Miguel Anxo Fernán Vello, deputado de En Marea demanda que se reforce o personal e os medios na comisaría de Lugo para atender en tempo e forma as tramitacións de DNI e pasaportes. Fernán critica tamén que os lucenses teñan que agardar unha media de 39 días para poder renovar documentos imprescindíbeis para viaxar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com