Aulas abertas, actividades deportivas e excursións son as alternativas de lecer para este verán

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, presentou este xoves no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra a programación de animación sociocultural dirixida tanto a nenos e nenas como a adultos, que organiza o Concello para este verán, co obxectivo de dar facilidades para a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas, ao tempo que se ofrecen alternativas lúdicas e de lecer saudable.

O Concello ofrece actividades deportivas ao aire libre nos meses de xullo e agosto, das 11:00 ás 12:00 horas. Trátase de ioga, que terá lugar os xoves na praza de Augas Férreas e os mércores no Parque de Rosalía de Castro, e de zumba, os martes e luns nestes mesmos emprazamentos. Son actividades gratuítas para as que non é necesaria inscrición previa, tal e como informou a edil.

No que se refire ás excursións de verán, a entidade local ten preparadas 4 saídas a Cariño, Ourense, Ferrol e San Cibrao, con paradas en Vilalba, Monforte, As Pontes e Mondoñedo, respectivamente; os días 13 e 27 de xullo e o 3 e o 17 de agosto. Os interesados poden inscribise entre o 27 e o 30 de xuño no centro de convivencia Maruja Mallo, en horario de 10:00 a 13:00 horas. A saída para estas viaxes será ás 09:00 horas dende a Praza de Bretaña, e o regreso ás 21:00 horas a este mesmo punto. O prezo a aboar é de 4,12 euros. Ademais, os veciños e veciñas da zona rural poderán participar en dúas excursións, nas que visitarán as Médulas de Ponferrada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com