A Deputación mellorará con 750.000 euros accesos públicos a núcleos rurais

O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, avanzou este xoves que o Executivo da Deputación aprobará mañá na Xunta de Goberno Provincial melloras en 35 accesos doutros tantos núcleos rurais de provincia con 750.000 euros. Rodríguez Ónega explicou que este orzamento é do Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos do medio rural, que contempla varias liñas de actuación, e que está dirixido a asociacións e comunidades de montes dos 67 Concellos.

Fíxoo nunha visita a Tirimol, parroquia do Concello de Lugo, onde supervisou o resultados das obras no campo público de Seivane, que consistiron no arranxo dos accesos e deste propio espazo.

As 35 obras de mellora, noutros tantos accesos a núcleos rurais e por valor de 750.000 euros, levaranse a cabo nos 35 Concellos aos que pertencen os colectivos veciñais que resultaron beneficiados desta programación, que foi en réxime de concorrencia competitiva, é dicir, aberta a todos as asociacións da provincia. As axudas son dun máximo de 12.000 euros. Permitirán, por exemplo, a rehabilitación de camiños, reafirmado de accesos a montes ou a fincas agroforestais. O Goberno da Deputación ofrece aos colectivos un anticipo do 95% da axuda que lle corresponde.

Distribución das obras por zona

Son 7 obras en núcleos rurais doutros 7 Concellos da Mariña por valor de 63.000 euros; 11 en 6 Concellos da Terra Chá de 126.000 euros; 9 en 4 Concellos da Comarca de Lugo de 95.000 euros; 12 en 4 Concellos da Comarca de Sarria de 131.000 euros; 4 nun Concellos da Ulloa de 38.000 euros; 18 en 7 Concellos da Montaña de 195.000 euros; e 10 en 6 Concellos das Comarcas de Chantada e Lemos de 102.000 euros.

Colectivos beneficiados por Concellos

Na Mariña: realizaranse 7 obras, por valor de 63.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais de Riotorto, A Pontenova, Trabada, Barreiros, Foz, Mondoñedo e Alfoz.

Na Terra Chá: realizaranse 11 obras, por valor de 126.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais de Pol, Meira, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Xermade.

Na Comarca de Lugo: realizaranse 9 obras, por valor de 95.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais de Castroverde, O Corgo, Friol e Guntín.

Na comarca de Sarria: realizaranse 12 obras, por valor de 131.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais do Incio, Láncara, Paradela e Triacastela.

Comarca da Ulloa: realizaranse 4 obras, por valor de 38.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais do Concello de Monterroso.

Na Montaña: realizaranse 18 obras, por valor de 195.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais de Baleira, A Fonsagrada, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. 

Lemos e Chantada: realizaranse 10 obras, por valor de 102.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais de Bóveda, Monforte de Lemos, O Saviñao, Sober, Quiroga e Chantada.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com