Jaime Castiñeira presenta a súa renuncia como Concelleiro

Un emocionado Jaime Castiñeira presentou hoxe ante os medios a súa renuncia como portavoz do Partido Popular no Concello de Lugo. O anuncio, farase efectivo a partir do día 29 de xuño, cando o edil presente a renuncia oficial ante o pleno municipal.

O popular, que ocupou a portavocía do Grupo Municipal no Concello de Lugo dende o ano 2010, informou da súa decisión nunha rolda de prensa onde estivo acompañado por compañeiros da agrupación aos que “agradezo os anos de traballo e o esforzo realizado”. Castiñeira tamén tivo palabras de eloxio para o resto da corporación e expresou a súa gratitude aos empregados municipais; ademáis destacou “a paciencia” que con el tiveron tanto os traballadores do concello, como a súa familia quen apoiou todas as súas decisións.

O popular non se quedou só nos agradecementos senón tamén aproveitou a ocasión para pedir disculpas ante “as posibles ofensas que puidera ter realizado coas miñas verbas en algunhas ocasións”.

Jaime Castiñeira deixa o Concello de Lugo, comprometéndose “a seguir traballando por Lugo, pola nosa cidade como deputado no Parlamento de Galicia onde é voceiro de Vivenda e Urbanismo, ademáis de Presidente da Comisión Segunda de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos”.

Por último, o popular fixo un chamamento ao consenso e animou á corporación a traballar por un Lugo mellor e non dubidar en unirse en aquelas cuestións que sexan de interese para todos os lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com