Balseiro valora os seus seis meses como Delegado Territorial da Xunta en Lugo

José Manuel Balseiro conmemorou hoxe os seus seis primeiros meses como delegado territorial da Xunta en Lugo, valorando positivamente o traballo feito polo goberno autonómico na provincia dende novembro de 2016, cando se erixiu no seu posto.

O delegado destacou a responsabilidade como elemento clave na súa xestión política. Responsabilidade que pasa, afirmou, “por traballar porque a recuperación económica chegue a todos os fogares”.  Balseiro quixo destacar algúns dos avances e melloras que o goberno popular fixo na provincia, tanto a nivel social, como económico.

Entre os logros que gabou Balseiro, destacou “a rehabilitación do barrio da Tinería, no que a Xunta é o principal inversor”, así como o Plan Ambiental para minimizar os danos do oso na Montaña Lucense, ou a mellora de infraestruturas da provincia co desbloqueo de proxectos pendentes como a estación intermodal de Lugo, “cuxos estudos -avanzou o delegado- estarán listos a finais deste ano”.

Por último, o delegado asegurou “sentirme orgulloso do traballo realizado polo meu equipo” e afirmou que seguirá esforzándose por que “esta sexa, como adiantou Feijóo ao principio do seu mandato, a lexislatura do rural“.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com