A Deputación promociona o traballo de Paco Pestana coa edición de ‘Poesía y Escombros’

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, mantivo este venres no Pazo de San Marcos un encontro co artista lucense Paco Pestana, e cos coordinadores portugueses do proxecto, Víctor Monteiro e Pedro Silva. O Executivo Provincial colabora co Instituto Politécnico de Viana do Castelo coa edición do catálogo da colección do artista multidisciplinar Poesías y Escombros para a promoción e difusión da obra do artista por toda a provincia. A mostra do veciño de Castroverde, que está exposta ata o 30 de agosto no Instituto Politécnico de Viana do Castelo en Portugal,  está composta por esculturas, ilustracións e poemas.

Durante a reunión, a Deputada de Cultura e os coordinadores da exposición aproveitaron para valorar futuras colaboracións entre o Goberno da Deputación e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo.  

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com