Mercedes Peón enche San Marcos nun concerto do Lugo Ágora Son

A Praza de San Marcos acolleu onte o concerto de Mercedes Peón do Lugo Ágora Son. Trátase da iniciativa do Goberno da Deputación, coa que colabora o Concello de Lugo e Ditramotor, que ofrecen un ciclo de concertos, totalmente gratuítos, durante os meses de maio e xuño, por distintos espazos da capital da provincia. 

A coruñesa Mercedes Peón realizou unha performance na que combinou música electrónica con instrumentos tradicionais. Música autodidacta, compositora, vocalista e produtora da súa propia obra, a artista ten editado catro discos de extenso recoñecemento internacional. Ademais é creadora de espazos sonoros para danza e documentais e foi Premio Nacional da Música no 2008.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com