O PP denuncia o deterioro que sufre o edificio da UNED antes incluso de chegar a inaugurarse

O Grupo Provincial do PP denuncia o deterioro que sufre o edificio do Hotel Miño, que segue a ser restaurado de forma permanente desde hai dez anos para albergar as instalacións da UNED. Os populares critican a imaxe de abandono que ofrece o inmoble na súa parte externa “cando nin tan sequera chegou a ser inaugurado” e, polo tanto, a día de hoxe non presta o servizo educativo para cuxa finalidade foi obxecto de actuacións.

En concreto, dende o PP explican que o material que recobre a fachada do edificio “está moi danado e mesmo levantado”. A imaxe actual que proxecta esta edificación presenta signos claros da pouca calidade dos traballos realizados na súa restauración, pese a que se destinaron preto de dous millóns de euros públicos a acondicionar o Hotel do Miño como centro asociado da UNED.

Dende o Grupo Provincial do Partido Popular consideran “inadmisible” o aspecto que presenta un inmoble cuxas obras de restauración seguen en marcha “cando nin tan sequera foron abertas as súas portas ao público”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com