A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e o edil de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, despediron este sábado aos veciños e veciñas da parroquia lucense de Castelo, que participan nunha das excursións de verán programadas polo Concello, dentro das actividades de animación sociocultural, con distintas alternativas para a veciñanza tanto da cidade como do rural.
Nesta primeira excursión, os participantes achegáronse ás Médulas de León. A saída desta viaxe foi dende a parada de bus de Castelo, ás 09:00 horas.