A estatua de San Vicente volverá ao seu lugar na Praza do Campo

O vindeiro martes, día 13 de xuño, a estatua de San Vicente volverá ao seu lugar na Praza Campo, tras acometer a súa restauración, logo do acto vandálico do que foi obxecto, que provocou a súa fragmentación en tres pezas, danando especialmente á cabeza, o manto e a súa manga dereita.Os traballos de restauración comprenderon a limpeza en seco da estatua, para posteriormente proceder ao pegado dos 6 fragmentos de importante entidade, 3 da cabeza, 1 da manga e 2 da túnica, con resina epoxi. Así mesmo reconstruíronse os volumes de menor entidade, e procedeuse ao selado de fracturas, lavado, aplicación de cloruro, consolidadción de cal, hidrofugación e matización de cor. Para estes traballos o Concello destinou uns 6.000 euros.

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo, Manuel Núñez, indicou que, aproveitando esta restauración, tamén se reconstruíu a man que xa lle faltaba dende antes do incidente. Ademais, para dar maior consistencia ao conxunto escultórico, a restauración inclúe a ampliación da lonxitude do sistema de ancoraxe das dúas pezas principais, gañando así en estabilidade e seguridade.

 Manuel Núñez volveu apelar á responsabilidade da cidadanía para que se conciencie da importancia que para todos e todas ten a conservación dos nosos bens culturais, que forman parte do noso patrimonio, como é a Fonte de San Vicente, erixida en 1754, e que  a partir deste martes, volverá lucir o seu distintivo máis representativo. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com