O Goberno da Deputación comezará o vindeiro luns os traballos de desinsectación nos Museos de San Paio de Narla e Pazo de Tor. Trátase do plan integral do Executivo Provincial, cun orzamento de 53.000 euros, que contempla actuacións de conservación preventiva en ambos museos, a traveso dun dos métodos máis eficaces para protexer as coleccións. Fíxoo tras constatar a súa necesidade para a conservación deste patrimonio, tendo en conta que na última década non se tiñan executado de xeito integral estas actuacións, senón que se levaron a cabo intervencións parciais por coleccións. Por este motivo, o Museo Pazo de Tor permanecerá pechado dende o 12 ao 30 de xuño e o Museo Fortaleza de San Paio de Narla do 16 ao 30 deste mes.
Anteriormente, a empresa de desinsectación dos Museos de San Paio de Narla e Pazo de Tor visitou as instalacións para coñecer in situ os traballos que deben levarse a cabo. Son actuacións de conservación necesarias, que consisten no precintado, fumigación con gas e ventilación dos edificios, salas de exposicións e coleccións. Estes traballos garantiren a eliminación de xilófagos e polillas, que son habituais na madeira, en todos os obxectos expostos, nos soportes expositivos e nas estruturas das edificacións; así como a conservación do conxunto das pezas, que suman 5.000 en San Paio de Narla e Pazo de Tor.
Cómpre sinalar que a última vez que se puxo en marcha un plan destas características, é dicir, completo ou integral, foi no ano 2002, no caso de San Paio de Narla; mentres que no Pazo de Tor fíxose en 2005. Entre tanto, leváronse a cabo intervencións parciais, por coleccións.