A Garda Civil realizou unha campaña de intensificación dos puntos de verificación do consumo de alcol e drogas durante a conducción, centrada nas estradas da Provincia de Lugo, entre o 5 e o 11 de xuño. Durante a campaña, realizaron un total de 4826 probas entre os condutores sometidos a verificación de alcol e drogas. Do total de probas realizadas, 32 arroxaron un resultado positivo, sendo 18 de elas por consumo de alcol e as outras 14 por substancias estupefacentes, segundo informa a Comandancia da Garda Civil de Lugo.
O pasado día 6, nas proximidades de Rábade foi detectado un condutor que estaba cometendo unha infracción ao Reglamento Xeral de Circulación, polo que os axentes alí presentes sometérono á proba de alcol, na que arroxou un resultado de 1,14 miligramos de alcol por litro de aire espirado, o que cuadriplica a taxa máxima autorizada.
Estas campañas se desenvolven para lograr os obxectivos de redución da siniestralidade ocasionada pola influencia do consumo de bebidas alcólicas e drogas durante a condución.