A figura de San Vicente regresa ao seu lugar de orixe, a fonte da Praza do Campo, preparada para manar viño

A pouco máis dun mes do Milagro de San Vicente, a estatua deste santo foi recolocada esta mañá no seu lugar orixinal, na fonte da Praza do CampoAo lugar dos feitos acudiron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Concelleiro de Educación e Infraestructuras urbanas, Manuel Núñez, o Presidente de Lugo Monumental, David Fernández. Inspector Xefe da Policía Local, Manuel Novo, técnicos municipais e persoal de Resconsa, encargada da restauración.

Primeiramente, en nome do Concello, a Alcaldesa mostrou a súa satisfación de que unha estatua, tan emblemática, como o San Vicente, nacida en 1754, volva a súa casa despoios dun acto vandálico. Lara describiu o traballo como unha “exitosa reconstrucción na que se uniron as faccións da cara, do manto e da túnica”. Lara destacou tamén, que a figura “quedou mellor do que estaba” e que se cumpriron os prazos administrativos para a reforma.

Por outro lado, Manuel Núñez, agradeceu tamén o traballo realizado, e explicou detalladamente cales foron as outras reformas levadas a cabo na estatua de San Vicente,  “ademáis da restauración dos danos, aproveitamos para poñerlle o dedo que xa lle faltaba, facerlle unha limpeza xeral e incrimentar o anclaxe por motivo de seguridade”. Manuel destacou que foi tan bo o traballo que “parece que non lle houbera pasado nada tras os danos sufridos”.

Tanto a Alcaldesa, como o Concelleiro, como o Presidente de Lugo Monumental, fixeron un chamamento á cidadanía para que sexa capaz de respetar o patrimonio historico “que é de todos”, xa que dada a situación de vandalismo incluso se chegou a valorar a posibilidade  de incluir medidas de vixiancia e seguridade.

Por último, o Xefe da Policía Local engadiu que tras as investigacións realizadas non se conseguiu atopar aos culpables dos danos causados á escultura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com