Liberada unha persoa despois de caer por un desnivel co seu vehículo en Barreiros

Segundo informa o 112 Galicia, os Bombeiros excarceraron a unha persoa que viaxaba nun coche en Barreiros. O vehículo rematou nun desnivel duns cinco metros, entre dúas árbores.  O accidente ocorreu na N-634, no punto quilométrico 577. Un particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia pasados uns minutos das 15:15 horas. O persoal do 112 tamén recibía a chamada da persoa accidentada. Indicaba que o turismo chocara contra unha árbore e necesitaba axuda para saír do interior do coche.

A partir de aí foi cando, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, se poñía a situación en coñecemento de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e Bombeiros de Barreiros. Finalmente, a persoa liberada rexeitou recibir asistencia médica e unha patrulla agardou no punto pola chegada dun guindastre para retirar o vehículo.

Accidente de tráfico
Por outra banda, dúas persoas resultaban feridas nun accidente de tráfico ocorrido na LU-530, á altura da parroquia de Paradavella, no termo municipal lucense de A Fonsagrada. Urxencias Médicas alertaba ao CAE 112 Galicia ás 15:45 horas. Os efectivos sanitarios indicaban que unha ambulancia atopara o sinistro.

Decontado, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informábase do ocorrido á Garda Civil de Tráfico e Bombeiros de Sarria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com