San Marcos tinguirase de azul turquesa para promover a visibilidade das persoas xordas

O Goberno da Deputación tingue durante o día de hoxe de azul turquesa a fachada do Pazo de San Marcos para promover a visibilidade das persoas xordas. O Executivo Provincial súmase deste xeito aos actos organizados pola Asociación de persoas xordas de Lugo (ASORLU) con motivo do Día Nacional da linguaxe de signos, que se celebra este 14 de xuño. 

E recordamos que tanto ASORLU como a Federación de persoas xordas, terán durante toda a tarde unha mesa informativa na Praza Maior para informar sobre a linguaxe de signos e os servizos e actividades que ofrecen durante todo o ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com