A Deputación arranxa os accesos públicos á praia de Area e a Covas

A Deputación de Lugo achega aos veciños de Viveiro 720 mil euros do Orzamento do 2016 para as obras de mellora nos accesos públicos á praia de Area e a mellora da parroquia de Covas. Obra, esta última, que acaba de iniciarse.

O presidente da Deputación, Darío Campos, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, visitaron esta mañá ambas obras que Campos Conde cualificou de moi necesarias.

O Presidente e a Alcaldesa explicaron que os traballos en Covas se intensificarán a partires do día 21 de xuño, cando os rapaces do colexio rematen o curso escolar, co fin de non ocasionar dificultades ás familias.

Loureiro García agradeceu ao Goberno da Deputación “a súa intensa colaboración pois é a única institución que se implica co Concello”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com