A CIG insta aos concellos a dar máxima publicidade ás prazas para as brigadas contra incendios

Concellos da Provincia que se adheriron ao convenio coa Xunta de Galiza para a : Participación na Prevención e Defensa contra Incendios Forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, están nestes intres na fase de contratación de persoal  para conformar as brigadas municipais de SPDCIF.

Ante esta situación o sindicato CIG está demandando dos concellos que fagan a máxima publicidade de ditas convocatorias para que poidan concorrer todas as persoas interesadas en igualdade de condicións a ditos procesos. “Entendemos que dar máxima difusión a estes procesos é un principio básico de transparencia e democratización da administración local”.

Dende a CIG declaran que “sabemos que hai concellos que non estar a actuar coa transparencia precisa ao respecto e nos que os procesos de selección se xestionan a través dun absoluto obscurantismo”.

A CIG di que “estarán atentos ao desenvolvemento destes procesos de contratación e no caso de que observemos incumprimentos da normativa legal ao respecto dos mesmos, non dubidaremos en recorrir os mesmos por vía Xudicial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com