O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condena a 14 anos de cárcere a un home de nacionalidade belga por un delito de agresión sexual ocurrido en Lugo. O tribunal considera probado que o home, que se atopaba no piso dunha ONG gozando dun permiso penal, agrediu a unha empregada da entidade, a quen deberá indemnizar con 25000 euros e da que ten unha orde de alonxamento.
Os feitos tuveron lugar o 7 de outubro de 2015 cando o condenado, que ocupaba durante un permiso penitenciario un apartamento dunha ONG da cidade, dirixiuse á oficina que se atopaba no inmoble, na que traballaba a vítima. O home, de 57 anos, levou á vítima ata o interior do apartamento coa excusa de que tiña unha fuga e agrediu físicamente a vítima obrigándoa a espirse e dando comezo a unha agresión sexual.
A vítima, no intento de fuxir, díxolle ao procesado que non lle diría nada a ninguén, permitíndolle el abandonar o lugar dos feitos. De maneira inmediata, a muller abandonou as instalacións e entrou nun establecemento solicitando que chamasen á policía. Os axentes procederon á dentención do agresor.