A Asociación Animalista Libera leva nove meses esperando a que o Concello de Lugo informe sobre unha denuncia administrativa que lle fixeron ao departamento de Desenrolo Sostible e Persoal. O motivo da denuncia foi a colocación irregular de carteis promocionais dun circo con animais no mobiliario público sen permiso do consistorio.
A asociación trasladou a denuncia á Valedora do Pobo, en forma de queixa lamentando a falta de actuación do Concello e a irresponsabilidade de non responder ás denuncias que realizan asociacións e veciños contra a vulneración das ordenanzas locais. Ademáis acusan ao goberno local de desinterés para aplicar a normativa.
Neste sentido a organización criticou tanto a falla de resposta como a imaxe que o Concello de Lugo proxecta na cidadanía, permitíndose o luxo de non responder a una protesta que detectaba un incumprimento grave da súa Ordeanza Municipal de Protección Ambiental, sin que o gobernó loco tomase patido. Agora, Libera espera que o Parlamento de Galicia poida desbloquear a inacción do consistorio lucense, facilitando a recepción da actualización solicitada polos animalistas.