A voceira do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, afirmou esta mañá que o presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, deixou durante 2014 sen gastar en emprego máis de 5,8 millóns de euros.
Segundo Candia, os decretos de Presidencia que recollen a incorporación de remanentes de créditos para a anualidade de 2015, demostran este financiamento que recibiu a Deputación e que non chegou a comprometer, polo que agora, explica a popular, pásase para gastar en exercicios seguintes. A voceira popular criticou esta mañá que pese a dispoñer de fondos, o presidente socialista non foi quen de desenvolver as políticas de emprego.
Elena Candia:
Pola súa banda, o equipo de goberno socialista retrucou por voz de Pilar García-Porto, deputada da Economía e Emprego, logo de coñecer estas declaracións, que “a realidade deixa unha vez máis en evidencia ao Partido Popular, posto que o actual Goberno provincial multiplicou por 370 os investimentos en políticas de emprego que facía o PP á fronte da Deputación”.
Deste xeito, continuou, “segundo se pode constatar nos Orzamentos, un documento oficial e público, dos 18.030 euros que deixaron consignados os populares nos anos 2006 e 2007 para fomento do emprego, o actual Goberno progresista pasou aos 6,6 millóns de euros neste 2015, cando non temos as competencias”.
García-Porto:
Feb 12, 2015 - 08:13 PM
XA EMPEZAMOS A ATACAR SIN XEITO. ¿QUE PASARÁ HASTA QUE ACABEN LAS ELECCIONES? http://t.co/fkVE4o6zuY