O Deputado de Cooperación cos Concellos e Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, participou este venres na plantación dunha árbore coa ANepuuPA do Colexio Quiroga Ballesteros, no entorno do río Rato. Máis de vinte nenos e nenas, acompañados de pais e nais, decidiron facer esta plantación logo de recibir un obradoiro de xerminación no propio colexio, no que plantaron e coidaron a semente.
Os alumnos decidiron entón plantar a árbore nun entorno natural no que poder garantir o seu crecemento. Deste xeito, Fernández Queipo propúxolles facelo no Centro de Interpretación Terras do Miño pois, ademais de ser un ambiente natural, permite “que veñades a velo e a coidalo todas as veces que desexedes”.
O Deputado subliñou ademais que “a través deste tipo de actividades, fomentamos o estudo do medio ambiente entre os máis pequenos, co fin de conseguir establecer as bases para conseguir unha sociedade máis respectuosa co medio que nos rodea”. Neste sento, o Deputado destacou que os alumnos coñeceron “os ciclos das árbores e o papel tan fundamental que xogan na configuración do entorno natural”.