O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha batería de preguntas dirixidas ao Ministerio de Fomento pola “lamentable” situación da A-8, de peches continuos, e sen que Fomento adopte solucións nun horizonte de tres anos.
O deputado de En Marea critica a desidia coa que Fomento está a afrontar o problema dos peches constantes da A-8 entre Lourenzá e Abadín, o máis recente esta mesma semana. Lembra neste sentido que nos Orzamentos do estado faise unha programación orzamentaria que no mellor dos casos traerá unha solución técnica para o 2020. “Poñámonos en situación, os habitantes de A Mariña van ter que soportar esta situación durante uns cantos anos máis a pesar de tratarse dunha autovía nova”.
Miguel Anxo Fernán Vello pón de manifesto que “segundo os últimos dados, entre setembro de 2014 e decembro de 2017, este tramo da A-8 en O Fiouco permaneceu cortado 1.772 horas”. E o único que fixo Fomento en decembro de 2016, “foi poñer en marcha un sistema automatizado que permite pechar e abrir o tramo desde o Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste en A Coruña. Desde entón xa se fixeron 34 corte por néboa”.
O deputado de En Marea reprocha a mala proxeción que se fixo con esta autovía, e pide celeridade ao Ministerio porque no periodo veraniego é cando mais circulación de tráfico hai e cando mais se precisa de infraestruturas operativas e en boas condicións.