Os servizos de emerxencias rescatan un buzo en Viveiro

Os servizos de emerxencias rescataron esta tarde a un buzo que se atopaba mal na ría de Viveiro, nas inmediacións de Punta de Faro. Salvamento Marítimo enviou o helicóptero Pesca 2 á zona. O 112 Galicia alertaba do ocorrido ao Servizo de Gardacostas, Protección Civil de Viveiro e Urxencias Médicas.

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibía o aviso a través dun particular ás 17:55 horas. Relataba que o buzo estaba espumando pola boca no medio da auga.

Os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil desprazáronse ata a posición do buzo nunha embarcación e levarono a terra. Ademais, recolleron ao resto de mergulladores, que estaban na auga co ferido, para achegalos ao porto deportivo.

Neste momento, o buzo está sendo atendido nunha ambulancia que se desprazou ata o punto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com