A formación dos 25 emprendedores do Coworking de Monforte comeza mañá en Expolemos

Os 25 emprendedores, que impulsan os 20 proxectos seleccionados para participar na segunda edición do espazo coworking de Monforte, comezan mañá, no espazo cedido polo Concello en Expolemos, as sesións de formación e asesoramento.

Esta iniciativa para promover o emprendemento innovador e dinamizar a economía e a creación de emprego no ámbito rural está impulsada pola Xunta, a través do Igape, en colaboración da Fundación Escuela de Organización Industrial (EOI) e conta co apoio do Fondo Social Europeo.

Na primeira edición, o espazo coworking de Monforte contou cun total de 16 proxectos desenvolvidos por 18 emprendedores.  Entre as ideas de negocio desenvolvidas destacaron plataformas dixitais nos eidos do turismo ou a ecoloxía, a comercialización de xeito novidoso de produtos ecolóxicos, o fomento de produtos alimenticios naturais da comarca ou a oferta de novos servizos turísticos personalizados e adaptados ao medio.

No marco da convocatoria que agora comeza a desenvolverse haberá, ademais de en Monforte, espazos de emprendemento abertos en outros puntos da comunidade autónoma. En total, 164 emprendedores impulsarán o desenvolvemento de 125 novos proxectos empresariais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com