Os XII Xogos do Eixo Atlántico, que acollerán Lugo, Sarria e Monforte do 4 ao 9 de xullo, os segundos máis participativos da historia

A competición dos Xogos do Eixo Atlántico foi presentada este luns no Vello Cárcere pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, nun acto ao que tamén asistiu o Concelleiro de Deportes de Lugo e o de Sarria, Miguel Fernández e Efrén Castro, respectivamente; así como o Deputado de Deportes, Pablo Rivera.

Por segunda vez na historia dos Xogos do Eixo Atlántico, e por primeira vez en Galicia, tres cidades, Lugo, Sarria e Monforte, acollerán simultaneamente estes xogos, os segundos máis participativos da historia. En total participarán 1850 mozos e mozas ata os 16 anos e contarán coa presenza de 29 municipios de Galicia e Portugal. Os xogos inclúen as modalidades de fútbol, baloncesto, atletismo e atletismo adaptado, natación e natación adaptada, voleibol e ximnasia rítmica. A Alcaldesa mostrou que “con estes xogos buscamos a cohesión territorial a través do deporte”, e asegurou  que son “un elemento enriquecedor de dúas culturas irmáns, a galega e a portuguesa”.

Os Xogos arrincará cun desfile, dende a Praza de San Marcos ata a Praza de Santa María, pasando pola Praza Maior.  As competicións terán lugar os días 5, 6, 7 e 8 de xullo. Lugo acollerá as modalidades de fútbol, no campo municipal das Gándaras, baloncesto, no Pazo Provincial dos Deportes, atletismo e atletismo adaptado, nas Pedreiras, e natación e natación adaptada nas piscinas municipais de Frigsa. Pola súa banda, as competicións de voleibol celebraranse en Monforte e as de ximnasia rítimica, deporte novidade desta edición, en Sarria. Por último a clausura terá lugar o día 9, no Vello Cárcere.

Todos os asistentes á presentación amosaron a súa solidaridade co pobo de Portugal por mor do incendio acontecido nas últimas horas en territorio luso no que faleceron 62 persoas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com