Con motivo do día internacional do orgullo Gay, que será o día 28 de xuño, a Asociación Arela, formada por familias de nenos e adolescentes transexuais, presentou esta mañá, representada pola súa presidenta Cristina Palacio unha serie de actividades que se realizarán en Lugo a partir desta fin de semana e que se prolongarán durante toda a semana. Cristina estivo acompañada durante a presentación da Concelleira de Benestar, Ana Abelleira, Do deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos e da Deputada de Promoción Económica e Social.
A presidenta de Arela, explicou que estas actividades consisten en fomentar o orgullo do colectivo de Gays, Lesbianas, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais, máis coñecido como o colectivo LGTBI. Con esta iniciativa, Cristina, aseguraba que se trata de dar visibilidade a todas as persoas que forman parte do colectivo, e de concienciar e sensibilizar a sociedade de que estas persoas teñen dereito a unha vida digna como calquera outra persoa.
Ademáis, en nome da asociación, Cristina, fixo un chamamento a toda a cidadanía para que participe nas actividades, entre as que hai o levantamento da bandeira LGTBI, camiñatas polo casco histórico, solta de globos coas cores da bandeira, obradoiros e concertos.
A Concelleira tamén quixo mostrar o apoio ao colectivo LGTBI, agradecendo á asociación Arela a oportunidade de desfrutar de Lugo cheo de cores e de alegría e de que a cidade se sume á diversidade, destacando que é importante que o colectivo se integre nunha sociedade diversa que é a que nos representa.
Por último, en nome da Deputación, Álvaro Santos, reivindicou que as institucións son as que teñen que normalizar a sociedade e aplicar os recursos necesarios dende a política, para acabar cos tabús que nos oprimen, e remarcou que todos somos iguais.“Dende as administracións públicas debemos defender os dereitos de todos os veciños e garantir que non se produza ningún tipo de discriminación xa sexa por sexo, cor de pel ou orientación sexual. Por iso, promovemos este tipo de campañas para concienciar á cidadanía na diversidade, pois estamos convencidos da importancia da educación para favorecer o respeto a este colectivo. Quero pór en valor a loita pacífica de todo este movemento e das persoas que forman parte del, pois foron e seguen a ser perseguidas e marxinadas pola sociedade polo único feito de ter gustos diferentes.”