O Concello de Lugo celebrou esta mañá unha Xunta Local de Seguridade de cara ao Arde Lucus, no que se estableceu o funcionamento das forzas de seguridade nesta Festa de Interese Turístico Nacional.
A alcaldesa Lara Méndez asegurou que as forzas de seguridade “farán reforzos de ata 84 efectivos para que a cidade esteña segura e controlada”.
A rexedora tamén valorou os dous últimos episodios de violencia que se deron na cidade, tras unha pelexa con cuchillos entre tres xóvenes o pasado sábado na rúa Catedral e, o máis recente, onte na Praza Maior onde dúas bandas de rapaces dende os dez anos, tiveron en vilo a pais e mais que xogaban cos seus nenos ao redor do templete da praza.
A alcaldesa de Lugo asegurou que o Concello non é alleo a esta preocupación e fai un esforzo para protexer a cidade con reforzos, pese as mermas “de imposición estatal”.
Neste senso, tamén se pronunciou o grupo municipal de Cidadáns quen esixiu á alcaldesa e ao Subdelegado do Goberno e líder do PP local, Ramón Carballo, “que deixen á marxe intereses partidistas e disputas políticas e colaboren no reforzo da seguridade na cidade de Lugo, no Arde Lucus e tamén no día a día tras a festa”.