Delegación territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá unha xornada de traballo sobre a Xestión de destinos turísticos accesibles no eido de Galicia en xeral, e dos Camiños a Santiago en particular organizada por Turismo de Galicia en colaboración con Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e da responsable provincial da área de Turismo, Paloma Vázquez, saudaron aos participantes nesta xornada formativa na que coñeceron as ferramentas para facer accesibles negocios e establecementos, novas técnicas de comunicación e promoción inclusivas e boas prácticas para ofrecer servizos de calidade adaptados ás persoas con diversidade funcional.