Elena Candia segue informando a alcaldes e voceiros do PP dos investimentos do Plan Único da Deputación

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, e o secretario xeral, Carlos Armesto, informaron este martes en Outeiro de Rei do “intenso traballo” emprendido polo Grupo provincial para que no Plan Único da Deputación “os socialistas non excluísen a ningunha entidade local da provincia”.

Ambos os dous dirixentes explicaron así, aos alcaldes e voceiros do Partido doutros 10 concellos, os investimentos que percibirán ao abeiro abeiro iniciativa, e que irán destinados a áreas como o emprego, obra pública, cultura, turismo e servizos sociais. Concretamente, as actuacións explicadas pola dirección provincial na tarde de hoxe benefician aos municipios de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Meira, Outeiro de Rei, Pol, Portomarín e Rábade; e suman preto de 3 millóns de euros.

“Foron moitas as reunións que mantivemos para que este Plan fose aprobado por unanimidade pero, sobre todo, para que ninguén quedase fóra. Estamos plenamente convencidos de que a presión que exercemos foi decisiva, xa que, do contrario, dos concellos que estades presentes e, sobre todo, nos que non gobernamos, recibiriades pouco ou nada. Isto, pon en evidencia, que fomos necesarios para que nos vindeiros meses se poidan executar estes fondos”, insistiu Elena Candia, quen subliñou que “debemos de facer un esforzo para trasladar aos veciños a oposición construtiva que estamos a facer na institución”.

Cada concello recibirá de media máis de 200.000 euros. Deste xeito, con cargo a estas partidas executaranse obras, ademais doutras actuacións en materia laboral, social, turístico, deportiva e cultural, que beneficiarán aos máis de 122.800 veciños destes 10 concellos.

Terceira reunión con epresentantes nos concellos

Esta foi a terceira reunión que a dirixente popular mantivo cos compañeiros de Partido da provincia para explicar as negociacións do Grupo provincial, co fin de que se puxese en marcha un plan deste tipo, no que saen beneficiados os 67 concellos, sen discriminación algunha. Na tarde de onte, a dirección do PP reuniuse cos representantes de A Mariña e, o domingo, cos da Montaña. En total, nestes tres encontros, a presidenta entrevistouse cos alcaldes e voceiros de 37 municipios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com