Unha persoa faleceu na tarde de onte no termo municipal lucense de Barreiros ao sufrir un accidente co seu tractor. Segundo informou o 112 Galicia, o corpo da vítima quedou debaixo do vehículo e tivo que ser liberado polos Bombeiros de Barreiros.
Os feitos tiveron lugar na parroquia de Cabarcos, no lugar da Rilleira. Un familiar da persoa accidentada alertou ao 112 Galicia ás 21:00 horas. Nese momento, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia poñía a situación en coñecemento de Urxencias Médicas, Protección Civil, Garda Civil e Bombeiros.