Os grupos da oposición no Concello de Lugo posicionábanse onte en contra das modificacións de crédito presentadas polo goberno local o pasado martes, e anunciaban que non apoiarían esta proposta no vindeiro pleno do día 29.
Ante esta negativa da oposición alcaldesa, Lara Méndez, amosou esta mañá a súa sorpresa ante esta decisión das outras agrupacións asegurando que “todas as iniciativas son propostas da oposición ou están consensuadas por unanimidade nos grupos”.
Méndez asegurou que é a oposición a que “se queixa de paralización no goberno local cando son eles os que paralizan esta situación”. A rexedora chamou á cordura dos grupos e pediu que prevaleza o ben da cidade pois “debe ser o obxectivo tanto do goberno como da oposición”.