Concello e Cruz Vermella forman ao persoal das instalacións deportivas municipais no uso de desfibriladores

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, mantivo un encontro cos traballadores e traballadoras das instalacións deportivas municipais que asisten ao primeiro dos cursos de primeiros auxilios que lles impartirá a Cruz Vermella de Lugo.

A primeira das materias impartidas nesta programación formativa é a referida ao uso dos desfibriladores semiautomáticos, toda vez que están instalados nas dúas piscinas cubertas municipais, Frigsa e As Pedreiras. Así, cunha duración total de 8 horas, este curso teórico-práctico, impartido por Manuel Veiga, ten como obxectivos fundamentais a universalización no manexo dos DESA en socorros e emerxencias, diminuír a mortaldade e secuelas froito das paradas cardíacas, difundir normas básicas para a prevención de enfermidades coronarias e a morte súpeta, así como aplicar de forma correcta e eficaz as técnicas da Reanimación Cardio Pulmonar (RCP).

En próximas datas, a concellería que dirixe Miguel Fernández ampliará a formación destes e doutros traballadores e traballadoras para salvagardar a seguridade e saúde dos usuarios de todos os centros deportivos municipais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com