Un cadáver apareceu esta tarde nunha canle de auga situado nas Barrioncas, en Monforte. Segundo se lle indicou ao 112, o corpo quedou atrancado nun sumidoiro, nunha zona destinada ao baño antigamente.
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 14:30 horas, a través dunha alerta da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou da situación a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Monforte. Tamén se alertou a Protección Civil e á Policía Nacional.
O cadáver xa foi recuperado polos efectivos de emerxencia. Polo momento descoñécese a súa identidade.