Campos defende a igualdade de oportunidades na Gala de Graduación dos 28 novos titulados

O Presidente da TIC e da Deputación, Darío Campos, clausurou este xoves o curso 2016-2017 da Escola de Imaxe e Son nun acto ao que asistiron numerosos convidados, entre eles, representantes de medios de comunicación da provincia e do sector audiovisual. Campos, que estivo acompañado polo deputado e responsable e padrón da Fundación Tic Álvaro Santos e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outros membros do Padroado, felicitou aos 28 novos titulados da EIS e aos alumnos de primeiro de Produción e Realización encargados de organizar e gravar a Gala de Graduación, inspirada no cine clásico, e que contou con varias actuacións de danza e música.

O máximo responsable provincial afirmou que “este é un día agridoce para nós xa que, por unha banda, 28 rapaces e rapazas que formaron parte da nosa escola nestes dous últimos anos rematan os seus estudos pero, por outra, comeza unha nova etapa chea de ilusión. Sentímonos moi orgullosos de cada dos nosos novos titulados e agardamos que inicien agora unha andaina con éxito no audiovisual. Dentro das posibilidades da TIC, seguiremos apoiándoos nos proxectos que emprendan no futuro”.

O modelo educativo da TIC

Campos dixo que “a formación que impartimos na EIS é froito da aposta que facemos desde o Goberno da Deputación polo ensino de calidade, a igualdade de oportunidades e a especialización adaptada ás demandas dun sector moi dinámico”. O Presidente puxo coma exemplos deste modelo educativo tanto a organización da propia Gala como os traballos que se presentaron durante o acto: dous videoclips, unha curtametraxe e un spot, elaborados polos alumnos de segundo. Ademais, subliñou que “o curso que vén mantermos a matrícula gratuíta. Queremos que todos os mozos e mozas da nosa provincia con talento e vocación poidan acceder a EIS, independentemente da súa situación económica”.

Unha Gala de cine

Os alumnos de primeiro de Produción organizaron a Gala de Graduación como práctica dentro do módulo de Planificación de Proxectos de Espectáculos e Eventos. Inspirada no cine clásico. Nalgúns momentos a velada resultou  tediosa, non estaría mal que os profesores de produción e realización da escola lle ensinaran aos seus alumnos o que é e para que sirve unha “escaleta”, para que en futuras galas non volva producirse o que aconteceu onte. Unha vez rematada a gala os asistentes foron convidados a un ágape nos mesmos xardíns onde se desenvolveu a gala.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com