Esta mañá, con motivo da celebración do Día do Orgullo Gay, que será o vindeiro 28 de xuño, Lugo deu inicio as actividades que realizará o colectivo de Lesbianas, Gays, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais, coñecido como LGTBI, para reivindicar os seus dereitos. Representantes da asociación ARELAS e ALAS, izaron a bandeira deste colectivo no balcón da casa do Concello e leron un manifesto pedindo a súa igualdade e inclusión na sociedade. Ao evento acudiron tamén os representantes dos partidos políticos do Concello, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Deputación de Lugo, Dario Campos Conde e varios deputados.
Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas, unha asociación de familias de menores transexuais, comezou o manifesto reivindicando o deireito de ser e amar libremente, dando grazas as persoas que comezaron a loitar polo colectivo LGTBI fai 40 anos. Ademáis tamén mostrou o seu ímpeto por loitar contra a discriminación nas escolas e institutos de aqueles nenos e nenas que forman parte deste colectivo, para que os menores poidan ir ao instituto a estudar e non a buscar a súa supervivencia.
Marcos Fernández, presidente da asociación ALAS, unha asociación que loita pola Liberdade Afectiva e Sexual, continou co manifesto esixindo aos profesionais de calquer ambito que deixen de escudarse nos prexuizos caducos, na súa LGTBI fobia e no machismo, e pediu que traten ao colectivo LGTBI con igualdade, esixindo tamén esta igualdade nos colexios e institutos, “con un sistema educativo que inclúa a diversidade sexual nos círculos de primaria e secundaria e nos plan de estudo da universitade porque o colectivo LGTBI ten dereito a ser nomeado e esistir nos contidos das clases”.
Francisco, un membro de ARELAS, concluiu o manifesto pedindo un Lugo Diverso, alzando a voz por todos aqueles que teñen medo a loitar. Aclarando que con este manifesto quixeron “mandar unha mensaxe de amor, de igualdade,de respeto, de dereito a ser e existir e de diversidade, respondendo as agresións e as mensaxes de odios” demostrando que existen e teñen dereitos.
Por outra banda, a edil de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz, denuncia que esta noite varios axentes retiveron durante horas ás persoas que, preparando a celebración do Día do Orgullo LGTBI, engalanaron os semáforos da cidade. “Ademais de paralizar o seu traballo, os adornos foron retirados durante a madrugada contravindo unha orde da rexedora que dera a correspondente autorización para desenvolver a acción, dirixida pola artista Luz Darriba”, explica a edil.
A concelleira do Grupo Municipal preguntará ao goberno cales son as causas que propiciaron este malentendido e que empañou, en parte, os festexos previstos.