O PP asegura que a resolución do Tribunal en relación coa Granxa Gayoso Castro non defende a legalidade do procedemento

O goberno da Deputación anunciaba onte á tarde que volverían levar a Pleno a concesión do centro de recría Gayoso Castro, despois de que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractual notificara o arquivo do recurso interposto por unha entidade participante no proceso público e que non resultou a de maior puntuación.

Ante este anuncio o Grupo Provincial do PP puntualizaba que a resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractual en relación á concesión deste servizo non defende a legalidade do procedemento iniciado pola Deputación de Lugo, posto que non entra no fondo da cuestión.

Apuntan ademais que, de seguir adiante, a responsabilidade será do equipo de Goberno, e advirten das consecuencias xurídicas que se poden derivar deste proceso se a empresa que reclama decide seguir adiante. Desde o PP recordan que o Centro Gayoso Castro foi presentado como un proxecto estrela, o buque insignia, unha inversión millonaria e un centro de referencia a nivel nacional, que segue sen funcionar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com