En Marea únese á petición de equiparación salarial dos bombeiros de Lugo

Logo do anuncio realizado onte pola Deputada socialista no Parlamento Galego, Concepción Burgo, de que o seu partido presentaría no vindeiro Pleno da Xunta, dúas iniciativas para instar ao ente autonómico a que colabore coa Deputación de Lugo na equiparación salarial dos bombeiros de Lugo aos de Ourense; hoxe é a agrupación En Marea a que pide que se igualen os salarios destes traballadores aos do resto de Galicia.

En Marea respalda aos bombeiros do consorcio de Lugo na súas reclamacións de equiparación salarial cos do resto de Galicia e coas reiteradas peticións dunha correcta dotación en equipos e material para atender as súas labores. En Marea tamén pide que os servizos de bombeiros e os parque volvan ter carácter público.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, entrevistouse con traballadores do parque de bombeiros de Viveiro para coñecer de cerca a súa situación e as reclamacións que están facendo de carácter laboral e salarial. Luís Villares asegurou nestas reunións que non se entende por que a “Xunta discrimina salarialmente a uns bombeiros de outros só por quen goberna na deputación correspondente”.

Pablo Méndez, bombeiro lucense, explicou que a petición dos bombeiros é razoable: “a mesmo traballo, mesmo salario. Iso é o que pedimos os bombeiros e o que non nos queren conceder”. Méndez explicou tamén algunhas das carecencias habituais dos parques lucenses: falta de equipación, traxes, problemas cos vehículos que se averían e non teñen substitución.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com