En Marea pedirá no Parlamento galego que se incremente o persoal no hospital de Monforte tras conseguir no Congreso que Fomento mellore a nacional 540

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, e a deputada Paula Vázquez Verao, visitaron esta mañá o Hospital de Monforte para coñecer de primeira man as instalacións do centro e recoller as reivindicacións do persoal para poder trasladar as súas peticións ao Parlamento de Galicia. Entre as necesidades máis urxentes do centro destaca a de que se incremente o persoal tanto nas zonas de hospitalización como nas consultas oncolóxicas.

Noutra banda, a Comisión de Seguridade Vial do Congreso aprobou onte á tarde a proposición non de lei de En Marea por 19 votos a favor e 14 abstencións para que o Ministerio de Fomento efectúe actuacións de reforma e rehabilitación na estrada nacional 540 este ano nos tramos situados entre Guntín e Ventas de Narón, e no tramo que vai entre Chantada e Taboada. A iniciativa de En Marea recibiu o voto favorábel de todos os grupos agás do PP, que se abstivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com