A Deputación aproba o Plan Estratéxico de Subvencións con máis de 6,6 millóns de euros

O voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que o Executivo da Deputación aprobou na Xunta de Goberno o Plan Estratéxico de Subvencións. Trátase da folla de ruta que vai marcar ata o 2019 os criterios para a concesión das subvencións da Deputación ao conxunto dos máis de 300.000 veciños de toda a nosa provincia.O PES destina un mínimo de máis de 6,6 millóns de euros a fomentar o  emprego, a políticas sociais, a cultura, o deporte ou o medio ambiente, entre outras. En total, o Plan recolle 11 liñas de actuación diferentes.

O Plan é o marco xeral de funcionamento que permite á Deputación ser máis transparentes e rigorosos e, polo tanto, atender de mellor xeito as demandas dos nosos veciños.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com