Ramón Carballo e Aspaym conciencian a conductores na campaña especial de vixiancia da DXT

O subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e a xefa provincial da DXT, Paula Yubero, acompañados por membros da Federación Nacional de Asociaciones de Lesionados Medulares y Grandes Discapacitados Físicos (Aspaym) participaron hoxe nun dos controis que forman parte da campaña especial para vixilancia do consumo de alcohol e drogas que leva a cabo a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) durante os días 23 e 24 de xuño.

Durante o control realizado pola Agrupación de Tráfico da Garda Civil, no que participaron activamente voluntarios de Aspaym, informando os conductores das súas experiencias persoais e facilitando que os cidadáns tomen conciencia dos riscos que supón poñerse ao volante tras consumir drogas ou alcohol, realizáronse 9 probas de drogas, con 3 resultados positivos; 45 probas de alcohol, con 2 resultados positivos e formuláronse 7 denuncias, 3 por infraccións en materia de transportes, 2 por non levar o cinto de seguridade e outras 2 por non ter a ITV en vigor.

O subdelegado do Goberno en Lugo agradeceu a importante tarefa de sensibilización coa que se completan os controis que se realizan o prestar as súas experiencias persoais para concienciar aos conductores sobre a necesidade de respetar as normas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com