Luís Villares constata a necesidade de promover a gandeiría de calidade

O voceiro de En Marea, Luís Villares, visitou esta mañá a feira onde tivo lugar a poxa anual de rubia galega organizada pola Asociación de criadores de rubia galega. Neste evento Villares puido constatar por unha banda a necesidade de promover este tipo de gandeiría de calidade que da ao noso produto un valor engadido e o converte nun produto de calidade diferenciado e que se coloca nos mellores niveis a nivel internacional.

Ao mesmo tempo, a consecuencia das necesidades específicas deste tipo de cría que precisan dunha extensión de pasto importante deixan en evidencia que se a Xunta de Galicia estivera realmente interesada en potenciar e loitar polo rural prestaría máis atención e apoio a este sector xa que por unha banda ofrecería como xa indicamos un produto de calidade, ao tempo que serviría para frear a progresiva eucaliptación que está a sufrir o noso país e con isto o incremento do risco de incendios. “A día de hoxe grazas as políticas da Xunta de Galicia temos un rural que é pasto dos eucaliptos e polo tanto do lume” denunciou Villares.

En Marea a través do seu voceiro trasladou o seu total apoio ao sector e instou ao Goberno galego a atender as necesidades do sector. Na feira os e as profesionais denunciaron a dificultade cada vez maior de vivir no rural galego a consecuencia entre outras cuestións do peche de servizos básicos como centros de saúde ou escolas e outras medidas como o catastrazo.

Este de desleixo e falla de compromiso real da Xunta de Galicia evidencia que máis alá das boas palabras e operación de publicidade, o Goberno de Núñez Feijóo lonxe de loitar como anunciou pola recuperación do noso rural continúa a impor as súas políticas de recortes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com