A Xunta fomenta o voluntariado a través de campos de traballo

A Consellería de Política Social subscribiu os convenios que permitirán a organización dos campos de traballo en Xermade, Folgoso do Courel, Pantón e Quiroga, ao abeiro da campaña de verán 2017 da Xunta de Galicia. Esta iniciativa é unha ferramenta de educación non formal para a xente nova con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, xa que engloba experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade, e ademais axudan a dinamizar a vida xuvenil nos concellos galegos onde teñen lugar.

Nesta liña, destaca o carácter altruísta e solidario das actividades que se desenvolven nestes campos, o que permite aos participantes poñer o seu grao de area á sociedade. Este programa de verán promove valores como o traballo en equipo, a convivencia e o respecto, así como a implicación da xuventude na sociedade ao afondar en materias que son do seu interese e lles abren novos camiños para a súa realización persoal.

Os convenios asinados hoxe permitirán levar a cabo campos de traballo en catro municipios da provincia lucense. Todos eles son de ámbito internacional, ofrecendo así a oportunidade aos participantes de estar en contacto con mozos e mozas doutros países.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com