O Concello anuncia os servizos mínimos dos autobuses urbáns na segunda semana de folga

O Concello de Lugo anunciou esta mañá os servizos mínimos que prestará o transporte urbano na cidade durante o día de mañá e o mércores debido á folga convocada no sector do transporte e coa finalidade de prestar o servizo mínimo de transporte colectivo urbano á cidadanía.

A empresa concesionaria do transporte urbano de Lugo, procederá á prestación dos servizos mínimos os días 27 e 28 de xuño de 2017, e en tanto non se desconvoque dita folga. As liñas que manterán servizos serán a número 2, do Cemiterio a Albeiros; a 3A, encargada da ruta dende Aceña de Olga ata Ramil; a liña 6 coa ruta Montirón – A Residencia – A Cheda; o autobús da liña 4 ao que lle corresponde a ruta de A Tolda ata Abella e, por último, os dous que dan servizo ao HULA, liñas 14 e 14A dende a Ronda da Muralla e As Gándaras, respectivamente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com