Máis de 700 persoas poderán participar nas actividades medioambientais gratuítas da Deputación

A Deputación presentou esta mañá a nova programación de actividades medioambientais e gratuítas que ofrece o Goberno provincial e nas que poderán participar máis de 700 persoas de todas as idades. Trátase das novas actividades do terceiro trimestre dos centros de Interpretación Terras do Miño e Casa das Insuas, así como dos Ancares Lucenses.

Os interesados en participar poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982 22 78 12

Argelio Fernández Queipo, deputado de Medio Ambiente, asegurou que o ente provincial a través desta nova programación busca fomentar entre a cidadanía valores relacionados coa conservación e mantemento do medio ambiente, ao mesmo tempo que da a coñecer o entorno natural da provincia.  O Goberno continuará ofrecendo este tipo de actividades pois “cada ano son máis os lucenses que participan nelas.

Como novidade o deputado avanzou dous obradoiros que se van a realizar no mes de setembro; “Obradoiro de xardíns ecolóxicos verticais usando materias reciclado”, e o “Obradoiro de horta en terraza ou balcón con materiais reciclados”, ademais son actividades nas que poden participar toda a familia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com