Asociación de Veciños de Lugo

A Federación de Veciños de Lugo reúnese con Feijóo para mellorar os servizos sanitarios da provincia

A Federación de Asociacións Veciñais de Lugo, ‘Lucus Augusti’ enviou unha carta á Xunta de Galicia, solictando de novo, tras dous meses de espera, unha nova reunión, esta vez de carácter urxente, co Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña. A federación solicita ademáis que a reunión se celebre na cidade. Esto anunciaban esta mañá diferentes membros da federación esta mañá a través dun comunicado. Ao redor das dúas da tarde, o voceiro da Federación, Fernando Rois, falaba con Lugo Si Radio, das peticións que lle farían á Xunta; e anunciaba, en directo, que esta mesma tarde, ás cinco tería lugar a reunión coa Xunta na que estaría presente o Presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Peticións 

A hemodinámica 24 horas é unha das solicitudes que máis tempo leva reiterando a federación, e agora, ademáis se atopan avalados polo Congreso Galego- Asturiano de Cardioloxía, quen non só asegurou que Lugo é unha das cidades que máis tarda en atender un infarto senón que, un de cada 7 infartos dáse nesta provincia, polo que o propio Congreso tildou de necesario aumentar este servizo de hemodinámica ás 24 horas.

Ademáis da ampliación no servizo de hemodinámica solicitan tamén que se lle dea vida ao antigo Xeral, Rois aseguraba que as administracións están matando un barrio de Lugo, pois a perda do que era o gran núcleo do barrio, está levando ao peche a moitos dos negocios alí instalados.

Outro das grandes necesidades de Lugo atópase no Centro de Saúde da Milagrosa que ten un exceso de usuarios, o voceiro da Federación aseguraba que entre 20.000 e 30.000 cartillas pertencen a ese centro de saúde que non ten capacidade para tanta xente, nin por traballadores, nin polo propio edificio que, en ocasións, quédase pequeno. Fernando Rois asegurou que a solución pasa por desdobrar estes usuarios en dous centros, levando á metade ao antigo Xeral.

Os centros sanitarios dos pequenos Concellos son outra das carencias porque non teñen apenas persoal e cando chegan as vacacións, moitos quedan sen servizos, tendo que acudir ao PAC máis cercano ou mesmo ao Hula.

Fernando Rois asegurou que a Federación está ilusionada ante a reunión co presidente da Xunta e esperan poder acabar a tarde de hoxe con novas positivas para a Sanidade lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com