O Pleno da Deputación aproba o Plan de Camiños pese o voto desfavorable do PP

Esta mañá foi aprobado o Plan de Mellora de Camiños que presentou o Partido Socialista no pleno da Deputación. A pesar do voto negativo do Partido Popular, a unión do BNG e do PSOE conseguiu a victoria desta moción.

Álvaro Santos, deputado de relacións institucionais e voceiro do Partido Socialista, denunciou os recortes da Xunta no rural en canto á mellora de camiños municipais, demostrando que para o ano 2017 hai un investimento de 6 millóns de euros menos. Ademais, o voceiro, reivindicou que os fondos “se repartían a dedo entre os concellos nos que goberna o PP”, deixando aos outros con un investimento mínimo. 

Santos Ramos deu conta dos 32 convenios asinados pola Xunta de Galicia dende xuño a decembro de 2016, que son os que están publicados, con 21 Concellos da provincia e por un valor de 16,1 millóns de euros. Desta cantidade, o 80% dos fondos (13,1 millóns) foron para mellorar as infraestruturas públicas só en 19 municipios, nos que goberna o Partido Popular. Son os Concellos de Abadín, Muras, As Nogais, Begonte, Bóveda, Castro de Rei, Cervo, Cospeito, Foz, Friol, Guntín, Mondoñedo, O Vicedo, Palas de Rei, Paradela, Portomarín, Riotorto, Sober e Outeiro de Rei. Só hai dous municipios de distinta cor política, que son os da Pastoriza e Viveiro.

O BNG, apoiou as teorías do Partido Socialista, denunciando tamén as formas tan desiguais de repartir os fondos públicos entre os concellos. Xosé ferreiro, voceiro do BNG na Deputación de Lugo, cualificou as políticas do Partido Popular de “cinismo político” e quixo mostrar o seu apoio aos socialistas denunciando que os populares querían acabar co mundo rural.

Xosé Ferreiro tamén reiterou que ese cinismo está potenciado pola atribución que se fixeron os populares do Plan úÚnico, cando foi unha proposta do BNG. Dicindo que “fixeron unha mala atribución xa que o plan destaca por unha distribución homoxénea dos fondos e eles levan a cabo o plan pero repartindo a dedo os cuartos”.

Na súa defensa o PP, denunciou as formas de gobernar do Partido Socialista e do BNG, mostrando que repartiron os cartos da Deputación de forma “moi inxusta”. Ante o Plan de Camiños, José Demetrio Salgueiro, deputado do PP, adiantou en nome do seu partido o  voto en contra, defendendo que a Xunta si que fixo ben o seu traballo e repartiu de forma igualitaria os fondos e, incluso, aumentounos, “o real é que a Xunta, pese ao que din, aumenta a súa achega ao plan de camiños en máis dun 100% con respecto ao ano anterior. En 2016 foron 20 millóns de euros e a Xunta achegaba 3,5 millóns e o resto eran fondos europeos do FEADER. Este ano o plan está dotado con 16 millóns; 8 para 2017 e 8 para 2018, pero todos fondos propios, polo que pasa de 3,5 a 8 millóns en 2017 e outros 8 millóns en 2018″, asegurou.

Os populares tamén criticaron que socialistas e nacionalistas usaran politicamente aos seus alcaldes en lugar de acudir á reunión da Xunta onde se daba conta das características deste plan.

Por outra banda o Pleno Provincial aprobou a concesión da xestión e explotación do centro de recría Gayoso Castro da Deputación provincial de Lugo, coa abstención do partido popular e do partido nacionalista. O PP mostrou o motivo da súa abstención aclarando que o facía porque a resolución do Tribunal non defende a legalidade do procedemento ao non entrar no fondo, e o BNG anunciou a súa abstención tras non asistir a mesa de contratación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com