O Concello de Lugo inicia, por execución subsidiaria, as obras de urbanización da Louzaneta

O concello de Lugo iniciou na tarde de onte, por execución subsidiaria, as obras de urbanización no polígono 2 sector SUB-B da Louzaneta -As Areeiras. O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou onte o comezo destas accións e explicou en que consiste esta execución subsidiaria, “tal como plantexa a lexislación o concello reclamará despois ese importe aos diferentes titulares da Xunta de Compensación dese sector”.

Ao tratarse dunha execución subsidiaria, o Concello reclamará o importe de adxudicación das obras á Xunta de Compensación ou no seu defecto a propia Xunta de Compensación deberá comunicar ao Concello quen son os propietarios e que parte de propiedade teñen para reclamarlles a cantidade que corresponda a cada un.

Piñeiro asegurou que “o concello busca sempre conseguir que todos os veciños consigan ter todos os servizos igual. E esto e algo que nos levan solicitando os veciños moito tempo”.

As tarefas, valoradas en 200.000 euros, consisten na terminación da urbanización, na igualación das cotas das rúas, no alumeado público e en conectar o saneamento. Unha vez rematadas será posible recepcionar o polígono 2 Sector SUB-B da Louzaneta-As Areeiras, dispoñendo a veciñanza de todos os servizos municipais axeitados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com